Ademais do coidado sanitario, Cuatro Patas preocúpase tamén polos coidados de beleza dos animais. Conscientes de que esta é unha demanda crecente por parte dos propietarios, o servizo de estética canina e felina pon ao seu alcance unha ampla gama de recursos. Dende as últimas tendencias de corte en perruquería, ata baños preventivos e curativos, pasando polas distintas técnicas e tratamentos da cosmetoloxía estética.

As diferentes características do pelo esixen a procura do tratamento máis idóneo para cada caso (trimming, corte con tesoira, corte con máquina...). Outra posibilidade é un servizo integral de grooming (que comprende os tratamentos precisos para que a mascota presente as condicións hixiénico-sanitarias óptimas i esteticamente caracterizado coa súa raza).

empresa | recepción | estética | administración

 

© Cuatro Patas Clínica Veterinaria, S.L. Taboada Leal, 9 - 36203 Vigo | Teléf. 986 415 055 - Fax. 986 122 338